• Nos primeiros seis meses do ano, e en termos recorrentes, o ebitda creceu un 6 % ata os 2.105 millóns e o beneficio neto un 22 % ata os 532 millóns de euros, ambas as dúas magnitudes respecto ao mesmo período do ano anterior.
  • O grupo explicou un impacto negativo de máis de 100 millóns de euros en ebitda por impactos non recorrentes e extraordinarios con respecto ao primeiro semestre de 2017.
  • O resultado da compañía estivo marcado por un crecemento da actividade da división Gas & Power, e por un estable comportamento do negocio de distribución de gas e electricidade nos principais mercados.
  • O comportamento das divisas americanas fronte ao euro (tanto o dólar coma os pesos arxentino, mexicano e chileno e o real brasileiro) lastraron os resultados con impactos negativos de 106 millóns de euros no caso do ebitda e 25 millóns no beneficio neto.
  • A revisión exhaustiva do valor dos activos levada a cabo como consecuencia da actualización das principais hipóteses e proxeccións dos negocios, levou consigo unha deterioración contable de 4.851 millóns de euros, que impacta significativamente e de forma extraordinaria na conta de perdas e ganancias consolidada do ano.
  • A compañía explicou unhas mellores perspectivas para o segundo semestre do ano, influído positivamente pola posta en marcha do novo programa de eficiencias do Plan Estratéxico.
  • Naturgy insistiu na súa mensaxe de compromiso coa disciplina de investimento, con esixencias de limiares mínimos de rendibilidade e criterios de avaliación do risco que garanten a creación de valor. Neste contexto, confirmouse que o 70 % do capex realizado no período dedicouse a proxectos de crecemento orgánico.
  • A nova folla de ruta definida no Plan 2018-22 foi avalada por Estándar & Poor's, que confirmou a cualificación crediticia a longo prazo en 'BBB' con perspectiva 'estable'.

Naturgy pagará o primeiro dividendo do Plan Estratéxico 2018-2022 a conta do exercicio 2018 de 0,28 euros por acción en efectivo o vindeiro 31 de xullo, tan só catro semanas despois de presentar a nova folla de ruta en Londres. Un plan deseñado para xerar valor e impulsar unha maior transparencia, eficiencia e simplicidade, o que redundará nun maior valor dos accionistas.

O presidente de Naturgy, Francisco Reynés, destacou que “con este primeiro pagamento, xa iniciado o novo Plan Estratéxico, queremos reafirmar o compromiso da compañía cunha retribución atractiva e sostible para o accionista, tal e como anunciamos hai unhas semanas de cara aos próximos cinco anos. Ademais, trátase do primeiro pagamento dun total de tres que realizaremos integramente en metálico con cargo a este exercicio”.

Este primeiro dividendo a conta segue as liñas establecidas polo novo Plan Estratéxico 2018-2022 e é parte dun dividendo total de 1,3 euros por acción con cargo ao exercicio 2018, un 30 % máis que en 2017. A partir deste ano 2018 a compañía comprometeuse a aumentar un mínimo do 5 % anual ata acadar os 1,59 euros por acción en 2022.

Esta retribución ao accionista compleméntase cun programa de recompra de accións de ata 2.000 millóns de euros no período 2018-2022, que só deixaría de materializarse no caso de que se encontrase e valorase positivamente un investimento que cumpra os criterios de rendibilidade que se fixou a compañía.

“O Plan Estratéxico busca reforzar a disciplina de investimento a través duns limiares de rendibilidade e que garantan a creación de valor e un crecemento rendible”. O máis relevante do noso plan estratéxico é que primaremos a creación de valor sobre o tamaño”, lembrou Francisco Reynes.

Resultados do semestre

Nos resultados presentados hoxe pola compañía, Naturgy rexistrou un beneficio neto recorrente no primeiro semestre de 532 millóns de euros, un 22 % máis que no mesmo período do ano anterior. O EBITDA recorrente aumentou tamén un 6% entre xaneiro e xuño ata os 2.105 millóns de euros. A evolución dos tipos de cambio no semestre tivo un impacto negativo de 106 millóns no EBITDA, afectando todas as divisas nas que opera a compañía enerxética.

Naturgy destacou que o acordo asinado entre Sonatrach e Naturgy para a extensión dos contratos de compra de gas alxeriano ata finais da próxima década, e que permitirá a Naturgy manter un volume moi relevante e asegura unha repartición óptima de gas natural (GN) e gas natural licuado (GNL) no seu mix de aprovisionamentos, non impactou aínda na conta de resultados do semestre, aínda que espera que o faga retroactivamente dende principio deste ano nas contas que presentará ao peche do terceiro trimestre.

Así mesmo, o día 21 de xuño descargouse o primeiro cargamento de GNL do contrato de longo prazo asinado coa empresa rusa Yamal LNG. Con este contrato amplíase a carteira de provedores estratéxicos cos que conta Naturgy e refórzase a diversidade de subministración nesta rexión de Europa co primeiro contrato de subministración de GNL a longo prazo proveniente de Rusia.

Axuste do valor de activos

Naturgy explicou ao mercado que, en sintonía co novo ámbito macroeconómico, as perspectivas dos principais indicadores do sector enerxético e as hipóteses consideradas no Plan, revisou o valor dos seus activos, e realizou un axuste contable e puntual por 4.851 millóns de euros antes de impostos.

O devandito saneamento queda rexistrado na súa totalidade de xeito non recorrente nos resultados xaneiro-xuño de 2018 nas epígrafes “Amortización e perdas por deterioración inmobilizada” (4.279 millóns) e “Resultado de entidades valoradas polo método da participación” (572 millóns), da conta de perdas e ganancias consolidada. Así, o resultado atribuíble ao grupo no primeiro semestre de 2018 foi negativo en -3.281 millóns de euros. Este axuste de valor non ten ningún impacto na remuneración ao accionista do período.

Mellora da eficiencia e reforzo da disciplina de investimento

O Plan Estratéxico recolle un programa de eficiencias que se porá en marcha no segundo semestre. Por outro lado, refórzase a disciplina de investimento, ao esixirse uns limiares de rendibilidade mínima aos investimentos que garanten a creación de valor e o crecemento rendible. No semestre o 70 % do capex investido, destinouse a proxectos de crecemento orgánico.

No período xaneiro-xuño, Naturgy incrementou o seu foco na xeración de caixa a través da mellora dos resultados recorrentes e desinvestimentos acometidos durante o primeiro semestre. Así, e excluíndo os proxectos singulares – fundamentalmente a incorporación de dous buques metaneiros – o investimento aumentou un 4% no primeiro semestre. Os investimentos materiais e intanxibles sumaron 1.145 millóns de euros, dos que 380 millóns corresponden ao arrendamento financeiro de dous novos buques metaneiros.

No período cómpre salientar a adquisición de dous proxectos fotovoltaicos en Brasil que supoñen un investimento duns 95 millóns de euros e unha capacidade de 83 MW. Agárdase que entren en operación no cuarto trimestre de 2018.

Disciplina e xestión financeira

A 30 de xuño de 2018, a débeda financeira neta de Naturgy acadou os 12.362 millóns de euros e situou a ratio de endebedamento no 45 %. Así, as ratios de Débeda neta/EBITDA e EBITDA /Custo débeda financeira situáronse a peche do primeiro semestre en 3,2x e en 7,3x.

Con data 18 de xullo, Standard&Poor’s ratificou a cualificación crediticia a longo prazo (BBB) e outlook estable tras as presentación do Plan Estratéxico.

Madrid, xoves, 26 de xullo de 2018

Conta de resultados consolidada

(€ millóns) 1S18 1S17
Importe neto da cifra de negocios 12.176 11.569
Aprovisionamentos -8.907 -8.263
Marxe bruta 3.269 3.306
Outros ingresos de explotación 104 128
Gastos de persoal -464 -469
Tributos -237 -225
Outros gastos de explotación -668 -710
EBITDA 2.004 2.030
Outros resultados - -
Amortizacións e perdas por deterioración -5.165 -800
Deterioro perdas crediticias -63 -58
RESULTADO DE EXPLOTACIÓN  -3.224  1.172
Resultado financeiro -306 -349
Resultado alleamento instrumentos financeiros - -
Resultado de entidades de método de participación -559 7
RESULTADOS ANTES DE IMPOSTOS  -4.089 830 
Impostos sobre beneficios 926 -183
Resultado operacións interrompidas -15 64
Participacións non dominantes -103 -161
RESULTADO ATRIBUÍBLE AO GRUPO -3.281 550

 

Contribución ao EBITDA por acitividades

(€ millóns) 1S18 Recorrente Non recorrentes 1S18 1S17 Recorrente Non recorrentes 1S17
Gas & Electricidade 639 -44 595 504 45 549
Infraestrutura EMEA 898 -7 891 893 -14 879
Infraestruturas LatAm Sur 400 -38 362 407 0 407
Infraestructuras LatAm Norte 122 2 123 139 0 139
Resto 47 -14 33 48 8 56
EBITDA 2.105 -101 2.004 1.991 39 2.030