A Fundación Naturgy é unha institución sen ánimo de lucro fundada en 1992 por Naturgy, que orienta as súas actividades á promoción da información, a formación e a sensibilización da sociedade na mellora da eficiencia enerxética e a innovación tecnolóxica no ámbito da enerxía, de forma coherente co respecto e a protección do medio ambiente. Tamén promove actividades culturais a través do seu Museo do Gas, dirixidas á preservación e difusión do patrimonio histórico e cultural do sector, e leva a cabo un programa de axuda á exportación dirixido a pequenas e medianas empresas.

A presenza de Naturgy en Europa, América latina e o Magreb deu lugar a que a Fundación tivera xa dende os seus inicios unha aberta vocación internacional. Os países nos que realiza actividades son Alxeria, Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, México, Marrocos, Italia, Moldavia e Suráfrica.

Programa Primeira Exportación

Nacido en Arxentina en 2001 e implantado en España dende 2014, o Programa Primeira Exportación céntrase en axudar ás pemes a dar os seus primeiros pasos no ámbito da exportación a calquera parte do mundo, a través dun completo plan de formación gratuíto e continuo que inclúe sesións formativas presenciais e en liña, asesoramento e titorías personalizadas.

Museo do Gas

A Fundación promove actividades culturais orientadas á preservación e difusión do patrimonio histórico e cultural do sector do gas e a electricidade a través do Museo do Gas.Inaugurado no ano 2012, este centro cultural combina a exposición permanente coa organización de exposicións e conferencias, un programa educativo para escolas e actividades para maiores e pequenos xunto a ciclos de cine e música.

Arquivo Histórico

O Arquivo Histórico ocupa máis de 3.000 metros lineais de documentación que se distribúe entre uns 50 fondos. Estes fondos corresponden á sociedade principal (Naturgy) e ás sociedades filiais adquiridas ao longo dos anos. Entre a documentación presérvanse fotografías, planos, memorias, actas, escrituras ou accións xeradas pola empresa ao longo de máis de 170 anos de historia.

Enlaces

  Páxina Web da Fundación

Principios de actuación

Ámbito cultural
Ámbito social e sociolóxico
Ámbito medioambiental
Ámbito científico e tecnolóxico
Ámbito de ensino e formación

 

Imaxes

1. Página Fundación Gas Natural Fenosa

2. Página Fundación Gas Natural Fenosa

3. Página Fundación Gas Natural Fenosa

4. Página Fundación Gas Natural Fenosa

5. Página Fundación Gas Natural Fenosa

6. Página Fundación Gas Natural Fenosa

Fundación Naturgy:

Fundación Naturgy

Plaza del Gas, 8

08201 Sabadell

Contacto Prensa:

 

prensa@aaturgy.com